//=time() ?>
Bos días! Logo dunha madrugada de néboa, nubes baixas e algunha chuvia feble, as altas presións volven a #Galicia polo que todo isto irá desaparecendo e a xornada tornarase moi luminosa co paso das horas.
Poderemos gozar dunha tarde solleira e de temperatura suave😎
#FelizSabado
Bos días! Hoxe quedamos nunha situación indefinida xa que tanto o anticiclón das Illas Británicas como a #borrascaGloria van desaparecendo dos mapas. Isto deixará momentos de nubes pero outros de grandes claros☀️. A temperatura será moi suave nas horas centrais do día📈.