//=time() ?>
@mafrobledo @DMPguionista @DarkoLafuente @NatachaBustos @BakadoriSan @Mamenmoreu_ @TirsoCons @Kano_es @javiercaster @_itsdomingo_ @RoqueRomeroRua @urbanoscar Estas son das que máis me volven pasar pola cabeza
E etiqueto a @Kalvinger @kefalay @TakiTakos @wedrowedro
#4FavoriteComicStories
Teño esta conta mazo abandonada, pero é que o tuiter cada vez me cunde menos. Aló vai un debuxo!
Castro das Barreiras, Ogas. Que ben se pasa aprendendo fóra da escola! Os monumentos, paisaxes, saberes e cantares que constrúen o noso pasado son patrimonio. Tes a sorte de poder pisar os lugares nos que aconteceron todas estas historias, non esquezas respectarlos e protexelos.
🌊 O Orbellido, 1966 (hai 52 anos). A gran inundación que provocou a construción do Encoro da Fervenza fixo que moitas persoas tivesen que marchar das súas aldeas. As súas leiras, casas e camiños polos que pasaban quedaron somerxidas pola auga.
🎻 A Piroga, 1945. Son tempos de fame, trala Guerra Civil. A xente compensaba o traballo con días de festa e feiras. A panadeira vende moletes baixo o seu cuberto, os oleiros as súa cerámica. Véndense verduras, patacas, zocos, queixos, animais. A feira é unha auténtica festa!
Vimianzo, 1936. Durante a República, os franquistas dan un golpe de estado que acabará nunha ditadura de 40 anos. En Vimianzo, as súas forzas perseguen aos republicanos e asasínanos (coma ó secretario municipal e ó irmán do alcalde) ou torturan e humillan á súa familia e amigxs.
⛴️A Valiña, 1923. De familia pobre e aos 18 anos, Perfecto (coma tantxs outrxs vimiancesxs) despídese dos seus para embarcar á Arxentina. Aló fará os cartos cunha empresa de automóbiles, e axudará a asoc. políticas e culturais galeguistas, incluso a Castelao a fuxir da ditadura
🍲Carnés, 1832. A Faguía é un festín que se celebra dende hai 400 anos na véspera de S. Cristovo. Hoxe en día, os callos son os protagonistas. Organizábase coas doazóns dos veciños, pero ía tanta xente sen pagar que fixeron unha cerca para deixar pasar só aos colaboradores.🍲