✦𝕽𝖚𝖇𝖊́𝖓 𝕽𝖎𝖆𝖑✦さんのプロフィール画像

✦𝕽𝖚𝖇𝖊́𝖓 𝕽𝖎𝖆𝖑✦さんのイラストまとめ


✦Ilustrador e debuxante de cómics dende hai séculos. ✦ [email protected]
rubenrial.tumblr.com

フォロー数:894 フォロワー数:489

Estevão Gomes.
Mariñeiro portugués, no 1524 sae da Coruña na procura dunha ruta norte cara as Molucas. Logra costear américa de Terranova a Florida, alí secuestra 58 nativos para compensarlle a Carlos I o fracaso. Participara na viaxe de Magalhães, desertando no seu estreito.

0 2

Gonzalo de Vigo.
Participa na viaxe de Magalhães ata que, preto das illas Marianas, deserta xunto con dous portugueses que serán asasinados por indíxenas. Alí, durante 5 anos, aprendeu a lingua e costumes dos nativos ata que no 1526 foi atopado en Guam por outra expedición.

0 1

Isabel Barreto de Castro.
Considerada a primeira muller almirante na historia da navegación. No 1595 participa na expedición ás illas Salomón polo Pacífico. Logo da morte do seu marido, será ela quen a dirixa, sendo tamén nomeada gobernadora da colonia da illa de Santa Cruz.

0 2

Cristovo Colón.
Cae Constantinopla e occidente busca novas rutas comerciais entre Europa e Asia. Colón dirixe unha viaxe financiada por Aragón e Castela na procura dunha vía atlántica. Será o xermolo da ocupación de américa. A Pinta é a primeira en regresar, amarrando en Baiona.

0 2

🏰 Un par de ilustracións que realicei para a web https://t.co/Lj6flwHqIF (Fortalezas do Reino de Galicia), que reúne unha listaxe destas e difunde o patrimonio cultural derivado das construccións orixinarias das Idades Media e Moderna.

5 15

4. Sor María Guillerma de San Bernardo e Sor Catalina de San Ignacio (mediados s.XVIII), encargadas da custodia e coidado dos arquivos e patrimonio do convento.

3 14

3. Frei Martiño Sarmiento (1702), cando a invasión inglesa da ría de Vigo, fuxe coas monxas de Sta Clara a Santiago.

3 11

1. Abadesa Sor Leonor González (1271), a primeira que tivo o convento.

3 13

Aínda que este tipo de traballos de recreación histórica requiren de continuas correccións, para min é unha gozada ter a oportunidade de representar e aprender sobre o noso pasado!

1 3

Foi un gustazo ilustrar esa época seguindo o guión de Manel, moi agradecido de ser parte da mostra.

Se andades pola Coruña podedes ir vela na sala de exposicións de María Pita ata o 25 de xullo.

1 6