✦𝕽𝖚𝖇𝖊́𝖓 𝕽𝖎𝖆𝖑✦さんのプロフィール画像

✦𝕽𝖚𝖇𝖊́𝖓 𝕽𝖎𝖆𝖑✦さんのイラストまとめ


✦Ilustrador e debuxante de cómics dende hai séculos. ✦ [email protected]
rubenrial.tumblr.com

フォロー数:869 フォロワー数:478

⛺️Paizás, Cambeda, 1809. Ingleses e franceses loitan en galicia. Organízanse grupos de guerrilleiros que queren expulsar ao exército francés. En Paizás están a reclutar xente, máis cando lles toca actuar, chegan tarde: Cee, Corcubión e outras vilas son saqueadas e incendiadas.

1 3

🏚️Pazo dos Lema, Berdoias, 1610. Alonso de Lema, vixía da Inquisición, manda construílo en 1607. El maila súa familia aproveitáronse do traballo dxs veciñxs. O lugar foi cambiando de mans. A xente de Berdoias estivo vivindo ate hai unhas décadas en casas que non eran súas.🏚️

1 2

⛪️Mosteiro de Baíñas, 1500's. Daquela poucos tiñan terras de seu. Os campesiños traballaban as leiras dos poderosos a cambio de darlles unha parte das colleitas e dos animais aos seus donos. En Baíñas houbo un mosteiro beneditino que controlaba a zona e recibía rendas dela.⛪️

0 4

🏛️Enterro de Victorinus, en Tines, 370 (hai 1650 anos). Onde hoxe está o cemiterio, houbo unha necrópole e unha vila romana duns ricachóns para os que traballaban escravos e campesiños. Os ricos traían unha nova moda, o cristianismo. Victorinus era un desos primeiros cristiáns.

1 3

🧺 O castro do Sino, en Castrelo, hai 2500 anos. As súas murallas protexían unha aldea construida nunha ladeira, rodeada de montes e un río. A romanización mudará a súa arquitectura coas casas cadradas; e a súa cultura, co latín, que se transformará en galego co paso do tempo. 🧺

2 7

🌕 Os petroglifos do Outeiro do Recosto, Boallo, graváronse durante o 2000/1000 a.n.e. (hai 4000 anos). Ninguén coñece o seu signifcado real, non hai lingua escrita que nolo explique. Tanto poden ser representacións de deidades ou constelacións, marcas territoriais ou rituais. 🌕

2 6

⚱️O dolmen de Pedra Cuberta, en Treos, construiuse hai 6000 anos (entre o 4000/3000 a.n.e.) como sepultura e lugar de culto dos mortos, que eran despedidos cunha cerimonia. Para a súa viaxe ao alén, deixábanlle preparados os mellores alimentos, ferramentas, armas, xoias...⚱️

0 4

1. Val de Vimianzo e entorno do castelo (s.XII)
2. Vista da fortaleza e dos seus elementos defensivos (s.XV)
3. Escudos das diferentes familias que foron propietarias das fortalezas.
4. Patio de armas, onde se realizaban distintas actividades (s.XV)

2 2

6 ilustracións que fixen para acompañar ás “Visitas Ilustradas”, unhas visitas guiadas ao castelo de Vimianzo que o Concello ofrece estes días para nenos de 3 a 8 anos de distintos colexios.

Tedes máis info sobre a actividade en

5 16

Palilleiras e voda no patio do castelo de vimianzo

1 3